Aviso legal
Última actualización:
Condicións de uso da web
A páxina www.ccn.cni.es e todos os subdominios e directorios incluídos baixo ela (denominados conxuntamente o Portal) son titularidade do Centro Criptolóxico Nacional (CCN), adscrito ao Centro Nacional de Intelixencia (CNI), CIF número S-2800155-J, con domicilio social en C/ Argentona 30, 28023 Madrid – España. Teléfono (+34) 91 372 50 00. Enderezo de correo electrónico ccn@cni.es
Condicións xerais do sitio web
O CCN infórmalle de que o acceso e o uso do portal www.ccn.cni.es, así como os servizos ou contidos que poidan obterse a través del, están suxeitos aos termos detallados neste Aviso legal, sen prexuízo de que o acceso a algún deses servizos ou contidos poida requirir a aceptación doutras condicións que se mostrarán previamente.
Por iso, se non está conforme coas consideracións detalladas neste Aviso legal, pregámoslle que non utilice o portal, xa que calquera uso del ou dos servizos e contidos que inclúe implica a aceptación plena e sen reservas dos termos legais recollidos neste texto.
O CCN resérvase o dereito a facer cambios no portal sen aviso previo para actualizar, corrixir, modificar, engadir ou eliminar contidos ou elementos do deseño. Os termos e condicións deste Aviso tamén poden variar. Como o acceso ou uso da web atribúe a condición de usuario, deben revisarse cada vez que se volva visitar o portal.
Exclusión de responsabilidades
Se no sitio web se establecen enlaces ou hipervínculos a outros sitios de Internet, o CCN non exercerá ningún control sobre eses sitios e contidos. O usuario asume baixo a súa exclusiva responsabilidade as consecuencias, danos ou accións que poidan derivarse do acceso á páxina web do hiperenlace.
En ningún caso o CCN asumirá responsabilidade ningunha polos contidos de ningún enlace pertencente a un sitio web alleo; polo tanto, non garante a calidade, accesibilidade, fiabilidade, exactitude, veracidade nin legalidade de calquera material ou información contidos nesas webs.
En ningún caso existe asociación entre a páxina web do CCN e as páxinas externas vinculadas.
Dereitos de propiedade intelectual e industrial
Este sitio web e os seus contidos, incluídas bases de datos, ficheiros de texto, audio, vídeo e software, deseños e servizos, son propiedade do CCN e están baixo o seu control. Están protexidos polas leis españolas de propiedade industrial e intelectual e polos tratados internacionais aplicables. Tamén son titularidade do CCN as súas marcas, rótulos, signos distintivos e logotipos que aparecen na web, debidamente rexistrados.
Quedan prohibidos o uso, a reprodución total ou parcial, a distribución, a comunicación pública, incluída a posta á disposición dos contidos, a transformación, a tradución, a adaptación ou calquera actividade similar sen autorización previa por escrito do CCN. A licenza do usuario limítase á descarga dos contidos e ao seu uso privado, sempre que permanezan íntegros.
Uso de enderezos IP e navegación con cookies
A navegación dun usuario neste Portal, como en calquera outro sitio web, deixa como rastro o enderezo IP que na sesión lle foi asignado polo seu provedor de acceso a Internet. O rexistro deste enderezo IP serve exclusivamente para fins internos, como as estatísticas de acceso ao Portal.
As cookies son ficheiros de datos que se xeran no ordenador do usuario e que nos permiten obter información sobre a data e hora da última vez que o usuario visitou o noso sitio web O país e a procedencia seleccionados polo usuario para unha futura presentación do sitio web de acordo coa súa procedencia xeográfica e sobre os elementos de seguridade que interveñen no control de acceso ás zonas restrinxidas.
O sitio web do CCN e os seus dominios utilizan cookies (pequenos ficheiros de información que o servidor envía ao ordenador de quen accede á páxina) para o correcto funcionamento e visualización dos sitios web polo usuario, a recollida de estatísticas e os elementos de seguridade que interveñen no control de acceso ás áreas restrinxidas.
O CCN mostra información sobre a súa Política de cookies na parte inferior de calquera páxina do portal con cada inicio de sesión, para que teña coñecemento dela.
Ante esta información, é posible realizar as seguintes accións:
- Aceptar cookies. Non se volverá a ver este aviso ao acceder a calquera páxina do portal durante esta sesión.
- Restrinxir, bloquear ou borrar as cookies do CCN ou de calquera outra páxina web mediante o navegador. O procedemento é diferente en cada navegador. Se o usuario do portal www.ccn.cni.es non desexa aceptar a gravación da cookie no seu ordenador, poderá navegar polo portal sen ningún tipo de restrición.
Restricións de acceso
O CCN resérvase o dereito de denegar discrecionalmente, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, o acceso de calquera usuario a este sitio web ou a algunha parte del.
Lexislación aplicable e xurisdición
A relación entre o CCN e o usuario rexerase pola normativa española vixente, independentemente da contorna legal do usuario. A resolución de calquera controversia derivada da visita á web ou do uso dos servizos que se ofrezan nela someterase aos xulgados e tribunais da cidade de Madrid.
Versión multilingüe
O portal web da CCN está traducido a varias linguas españolas oficiais nos seus respectivos territorios de acordo co establecido no artigo 3 da Constitución española de 1978 e os seus Estatutos de Autonomía. Tamén está traducido a unha lingua estranxeira (inglés).
O contido do portal está traducido segundo diferentes niveis de profundidade. Exclúense da tradución as seccións de actualización continua, pola inmediatez dos cambios, así como as normas xurídicas.
Advírtese que, con carácter xeral, pode existir un desfase entre a versión en castelán e nas outras linguas, derivado do proceso de tradución.
